Medidas Alternativas


Que son as medidas Alternativas?

As empresas públicas e privadas que teñan en persoal 50 ou máis persoas traballadoras contratadas, deben cumprir a cota de reserva en favor de persoas con discapacidade, tal e como sinala o artigo 42 do RDL 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

O 2% do persoal total (con independencia dos centros de traballo que teña a empresa ou o tipo de relación laboral que os vincula) terán que ser persoas con discapacidade. Inclúense no cómputo a aquelas persoas que están contratadas a través de contratos de posta a disposición.

Nalgúns casos (se se consegue a declaración de excepcionalidade), as contratacións poden ser suplidas se se adopta algunha das medidas alternativas:

  • Contrato mercantil ou civil cun Centro Especial de Emprego

  • Doazón e/ou accións de patrocinio a unha entidade sen ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública

Como podo solicitar as medidas alternativas?

As empresas presentarán unha solicitude conxunta de declaración de excepcionalidade e a medida elixida aos Servizos Públicos de emprego competentes, con carácter previo á adopción das medidas alternativas, que se resolverá na mesma resolución administrativa no prazo de dous meses desde a data de presentación da solicitude; en caso de silencio administrativo, será positivo.

A declaración de excepcionalidade obtida terá unha validez de tres anos, tras os cales as empresas que aínda teñan obrigación de cumprir a cota de reserva, deberán solicitar unha nova declaración.

A figura do enclave laboral:

O enclave laboral é unha ferramenta que facilita a transición ao emprego ordinario das persoas traballadoras con discapacidade que teñan especiais dificultades para o seu acceso.

Trátase dun contrato celebrado por unha empresa do mercado ordinario de traballo (empresa colaboradora) e un centro especial de emprego.

O obxecto do contrato é a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa actividade normal da empresa, para que sexa realizada por un grupo de persoas con discapacidade traballadoras do centro especial de emprego. A realización do traballo realizarase no centro de traballo da empresa colaboradora.

Existen requisitos sobre a características que deben ter as persoas con discapacidade para formalizar un grupo que se destine ao enclave. Así como tamén se establecen condicións de contratación mínima para permitir a prórroga do enclave que supere os 3 anos.

 

ASCM Ferrolterra, unha solución completa:

Se estás a pensar en acollerte ás medidas alternativas, ASCM Ferrolterra é unha interesante opción. 


Contamos con Centro Especial de Emprego e cunha entidade sen ánimo d elucro, declarada de utilidade pública no ano 2010, coa que coma empresa poderás seleccionar entre suscribir un contrato co noso CEE ou realizar doazóns a accións de patrocinio en favor da nosa asociación.



Se precisas información e asesoramento a este respecto!


Contacta