Economía Social

Economía Social, un xeito de crecemento sostible

ASCM Ferrolterra aposta polo crecemento sostible, unha forma de xestión que coloca ás persoas no epicentro do modo de facer as cousas. Apostamos pola economía social, fundamentada en:

  • Cooperación
  • Democracia
  • Solidaridade


O conxunto das actividades económicas e empresariais que, no ámbito privado, levan a cabo aquelas entidades que se rexen polos principios de primacía das persoas, aplicación dos resultados en proporción á actividade desenvolvida ou ao fin social, promoción da solidariedade interna, independencia dos poderes públicos, compromiso co territorio, fortalecemento da democracia institucional e económica e que perseguen o interese colectivo das persoas que as integran, o interese xeral económico ou social, ou ambos.

Lei de Economía Social de Galicia 6/2016

 

ASCM Ferrolterra coa Axenda 20-30:

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible é un plan de acción que nace do compromiso dos Estados membro das Nacións Unidas, cuxo objetivo principal é velar pola proteción das persoas, o planeta e a prosperidade. 

Desde ASCM apostamos polo cumprimento dos 17 ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) marcados coma prioritarios na Axenda.







Se estás a emprender, podes contar connosco:

En ASCM cremos no talento, no poder das sinerxias e nas ideas. Se és unha persoa con discapacidade e con intención de emprender...podes contactar connosco para aproveitar a estrutura empresarial e a figura xurídica de ASCM Ferrolterra para poder desenvolver o teu proxecto. 

Non o dubides, tece rede con ASCM Ferrolterra!


Contacta