Estamos de estrea!
O CEE ASCM Ferrolterra estrea páxina web.
Somos un Centro Especial Emprego, nado da Asociación Sociocultural ASCM. A nosa misión é acadar a plena inclusión laboral das persoas con discapacidade.
En ASCM Ferrolterra estamos especializados en transporte adaptado. A pandemia puxo de manifesto a importancia que a liberdade de movemento ten para as persoas. O colectivo das persoas con discapacidade ten especial dificultade para facer efectivo este dereito.
En ASCM Ferrolterra damos o salto ás plataformas web có obxectivo de facilitar o acceso ao noso catálogo de servizos. Para que Centros de Día e Ocupacionais, particulares, etc. poidan coñecer os nosos servizos e solicitar presuposto para poder voltar con forza, para que as barreiras arquitectónicas no transporte non sexan barreira para poder realizar actividades diversas.
Transportamos inclusión!
Somos plenamente conscientes da profesionalidade que require este servizo. Especialmente coa actual situación sanitaria. O plantel de ASCM Ferrolterra conta con formación en prevención de riscos asociada á COVID-19. Ademais, contamos cunha renovada frota de vehículos adaptados e coidamos con agarimo cada desprazamento.
Segue día a día as nosas novidades e non dúbides en contactar connosco para calqueira cuestión que poidas precisar.